Dende esta mañá, e ata o 30 de xuño, os veciños e veciñas de Ordes xa poden realizar as súas consultas sobre a regularización catastral dos bens inmobles urbanos ou dos rústicos con construción. O horario vai de 9 a 14 horas e o espazo escollido para prestar tal servizo son os baixos da alameda. Persoal da empresa Eibisa Norte S.L. son os encargados de levalo a cabo sen que teña custo ningún para a veciñanza.