Friday 22 de November de 2024

O Concello habilita un servizo temporal de información sobre o procedemento de regularización catastral


Veciños e veciñas poderán formular as súas dúbidas do 19 ao 30 de xuño nos baixos da alameda, nun horario que vai de 9 a 14 horas

Dende o 19 ao 30 de xuño o Concello de Ordes habilitará un servizo de información co obxectivo de aclarar calquera dúbida relacionada co procedemento de regularización catastral dos bens inmobles urbanos ou dos rústicos con construción. A dita asistencia técnica levarase a cabo de 9 a 14 horas nos baixos da alameda por persoal da empresa Eibisa Norte S.L., e non terá custo ningún para a veciñanza.
O procedemento da regularización catastral de Ordes aplícase en base á resolución de 16 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral do Catastro. Na páxina web do concello www.ordes.gal pódese consultar toda a información relativa a este.