A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organizou o certame Andersen Hoxe no que dúas cambresas, Ángela Fontecoba Fernández, de 12 anos, e Cristina Garrido Vázquez, de oito, resultaron gañadoras .
O acto de entrega de premios do concurso “Andersen Hoxe” de Galicia terá lugar o día 15 de xuño, ás 18,30h, na Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios” de Cambre.
O certame ten como obxectivo conmemorar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. Os nenos e as nenas participaron a través do seu centro docente ou biblioteca da súa poboación en tres categorías: PRIMEIROS LECTORES (1º, 2º e 3º de Primaria); LECTORES AVANZADOS (4º, 5º e 6º de Primaria) e SÚPER LECTORES (1º e 2º de Secundaria).
No ámbito galego houbo 174 participacións nas diferentes bibliotecas públicas da nosa comunidade.