Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes abre o prazo para solicitar o permiso das cacharelas de San Xoán


O Concello de Ordes vén de publicar o bando coas normas a seguir por parte das persoas, asociacións ou entidades que celebren con cacharelas a noite de San Xoán. Ata o 21 de xuño deberanse comunicar no Rexistro Xeral do Concello e a súa realización estará suxeita ás seguintes normas de seguridade:
• No caso de facerse nun ben de dominio público (parques, xardíns, prazas etc) deberán contar coa autorización previa por parte do Concello.
• No caso de querer facela sobre vías públicas pavimentadas ou beirarrúas haberá que protexelos cunha chapa metálica sobre a que se colocará unha capa de área de 10 cm. (O Concello facilitará área a tosas as persoas que o solicite).
• Nas vías públicas non pavimentadas autorízase a súa realización.
Os organizadores das cacharelas serán os responsables dos danos que se pideran producir no dominio público e deberán proceder ao abnono dos gastos de reconstrucción e reparación ocasionados.
• No caso de realizar lume nunha propiedade privada deberase contar coa autorización do propietario do terreo. O Concello non asumirá ningunha responsabilidade en caso de que a queima se realice sen terse obtido.
Entre as normas de seguridade máis importantes a ter en conta figuran:
• O volumen de combustible da chacharela non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.
• A separación cos edificios e árbores será como mínimo de 8 metros
• O lume non poderá situarse baixo tendidos eléctricos ou telefónicos
• Queda prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites ou productos que conteñan líquidos inflamables, gases a presión ou que ao arder poidan despernder fume tóxico.
• Ao remate deberá comprobarse que as cinsas quedan totalmente apagadas.
• Deberá procederse á retirada dos restos do lugar de celebración nun prazo máximo de 24 horas.
A Policía Local de Ordes vixiará o cumprimento das ditas normas e procederá á correspondente denuncia en caso de incumprimento, iniciándose así o procedemento sancionador pertinente. Este poderá cumplimentarse coa esixencia de indemnización dos danos e prexuízos que causen no dominio público.