Friday 22 de November de 2024

Máis de 230 maiores das nove parroquias comezan esta semana os Obradoiros de Estimulación da Mente de Riveira


Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira levarán a cabo dende esta semana unha nova edición dos Obradoiros de Estimulación da Mente, máis popularmente coñecidos como obradoiros da memoria.

Hoxe luns deron comezo as clases, que terán continuidade ata o 12 de xuño do 2015. Na presente edición participarán máis de 230 persoas das nove parroquias do municipio.

A psicóloga Cristina Rodríguez Sampedro é a profesional que coordinará e dinamizará a actividade.

Este ano, dado o alcance e demanda da actividade, e para facilitar a participación dos veciños e veciñas, as sesións desenvolveranse nas distintas parroquias; así tanto Riveira (con 6 grupos), como Aguiño, Palmeira, Carreira, Oleiros, Olveira, Artes, Corrubedo e Castiñeiras contarán con sesións específicas.