O Concello de Touro e o seu patrimonio natural acollen o próximo sábado, 17 de xuño de 2017, a súa VIII Ruta Río Ulla en BTT, unha proba aberta a todos os afeccionados ao ciclismo na natureza. A partir das 16.00 horas está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. Os organizadores confían na participación de centos de ciclistas chegados de toda Galicia. Os participantes percorrerán 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Tamén haberá unha ruta curta de 29 quilómetros. A ruta, xa consolidada no calendario de probas de afeccionados de BTT, ten unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. A ruta corta de 29 quilómetros e de dificultade técnica/física: media. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.
Articulos relacionados
O Concello de Frades agradece a colaboración da veciñanza, que doou máis de 400 quilos de alimentos para familias necesitadas
enero 4, 2016 Comments are off 855 visitas
A xenerosidade dos veciños e veciñas de Frades permitiu reunir máis de catrocentos quilos de ...
Neda avanza as propostas de mellora do actual sistema de abastecemento de auga formuladas por Viaqua
agosto 22, 2025 Comments are off 0 visitas
O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, reuníase esta mañá na Casa Consistorial cos voceiros e ...
Identificado un cidadán que estaba lanzando enseres dende un balcón dun terceiro piso
septiembre 21, 2020 Comments are off 39 visitas
A Policía Local informa de que un cidadán foi identificado logo de que na tarde ...
