Friday 22 de November de 2024

Unha orixinal obra do Colexio Galaxia fusiona na praza do Centenario as pinturas de altamira cos Ready-Mades de Duchamp


Estará exposta neste espazo municipal ata o 29 de xuño
Os veciños que transiten pola praza do Centenario poden contemplar dende esta mañá unha orixinal peza con forma cuadrangular realizada polo alumnado do colexio Galaxia. Trátase dun proxecto educativo-artístico denominado “La Altamira de Duchamp” que pretende fusionar nunha soa obra dous conceptos contrapostos do mundo da artes como son as formas e texturas das pinturas rupestres das covas de Altamira (Cantabria) e os característicos ready-mades de Marcel Duchamp, un dos creadores de vangarda máis significativos do século XXI.

O obxecto conta de feito coa reprodución nun lateral dunha frase deste artista francés (“Estoy interesado en las ideas, no simplemente en objetos visuales”) e no outro lateral con outra de Picasso (“Después de Altamira todo es decadencia”).

Para inaugurar esta obra que forma parte da programación do Xuño da Cultura e as Artews estiveron hoxe no Centenario o alcalde Manuel Ruiz, o profesor Fernando Yáñez e numerosos rapaces do colexio Galaxia.

Na confección da obra participaron cursos de primaria, 1º de ESO e 3º de ESO deste centro educativo, ademais de recibir a colaboración de usuarios do taller de carpintería da Unidade de Día do Servizo de Drogodependencias de Riveira.

“La Altamira de Duchamp” estará exposta na praza do Centenario ata o vindeiro 29 de xuño.