Friday 22 de November de 2024

Manuel Regos supervisa a modernización da praza de abastos


O alcalde de Ordes ten como obxectivo “a dinamización da actividade económica tanto do recinto como do entorno”. A través de Economía e Industria, as obras están financiadas nun 80% por fondos europeos

O alcalde de Ordes visitou as obras que se está levando a cabo na praza de abastos da vila. Durante unha hora realizou un percorrido completo tanto pola pranta baixa como polo primeiro andar, acompañado polos técnicos que está a realizar este traballo. Ambas zonas están a ser remodeladas completamente “para poder modernizar o inmoble e dotalo de maior funcionalidade para os clientes e os traballadores. É a nosa aposta polo comercio de proximidade”, asegura o alcalde. A medida tíldase de “necesaria para poder dinamizar a actividade económica da praza”. Algo que según Regos “tamén repercutirá benficiosamente nos demais comercios e actividade da zona”

Deste xeito estase a rehabilitar completamente o primeiro andar, onde se ubicarán 13 habítaculos nos que se compatibilizarán exposicións, cursos formativos, obradoiros, degustacións, eventos culinarios etc, coa instalación temporal de vendas e ‘outlets’. As obras de mellora desta parte inclúen ademais a reforma de todo o teito interno, instalación de baños adpatados para todo tipo de público e a remodelación e colocación de paneis nas rampas e escaleiras. No centro da actual zona comercial aberta ao público, ubicada a pé de rúa, estanse a construir dous novos postos con mostradores a ambos lados e un novo almacén.

“As obras estarán rematadas antes do día 30 deste mes”, asevera Manuel Regos, quen continúa explicando que están orzamentadas en algo máis de 150.000 euros, dos cales o 80% están financiados pola Consellería de Economía e Industria grazas a fondos europeos”. Un argumento do que se vale o alcalde para desmentir categóricamente as críticas verquidas nos últimos días, “xa que o proxecto está exhaustivamente controlado polos técnicos encargados de facelo para proceder coa súa financiación”.
Ao respecto cabe lembrar que o Concello concluíu recentemente o prazo para solicitar novas licencias de actividade comercial para a dita praza. En total se rexistraron 7 demandas: 2 peixarías, 2 froitarías, 1 queixería, 1 carnizaría e 1 floraría.

Un ano de melloras
Dende o pasado 2013 a praza de Ordes xa se vén beneficiando de obras de mellora. Estas inclúen tanto a súa remodelación externa como a construción e redeseño doutros espazos interiores. O proxecto completo inclúe o acondicionamento de accesos directos para persoas con movilidade reducida, aseos para calquer tipo de usuario, fiestras con carpintaría con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante de baixa emisividade, novas beirarrúas arredor da edificación, bolardos e xardineiras novas. Tamén se tapiaron os muelles de carga que estaban en desuso e restauráronse as súas portas de acceso, limpeza da fachada e da cuberta do edificio, tratamento funcixida á pedra, colocación de canalóns e cumieiras na cuberta, ademais de dotarse ao inmoble dos elementos precisos para reducir o consumo eléctrico.