Saturday 16 de November de 2024

Aberto o prazo para asistir á XXXIX Xuntanza de maiores no Carballiño


Terá lugar o vindeiro 1 de xullo. O Concello de Ordes ten previsto ofrecer de balde o autobús de acadarse un grupo igual ou superior ás 35 persoas

Dende hoxe e ata o 19 se xuño o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para apuntarse á XXXIX Xuntanza de maiores que terá lugar no Carballiño o vindeiro 1 de xullo. As persoas que queiran asistir deberán apuntarse no Concello de Ordes. Está previsto que a partir de 35 persoas inscritas se habilite gratuitamente un servizo de autobuses para desprazarse ata o parque municipal, lugar onde se desenvolverá o dito encontro, así como para o regreso.
O programa previsto inclúe exhibicións de coreografías de diversos centros sociocomunitarios, entrega de agasallos por parte das autoridades asistentes, tempo de lecer e a actuación musical da orquestra Tony Pérez y Los Arquinos. A celebración está organizada pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da Consellería de Política Social.