Friday 22 de November de 2024

Vintecatro artistas expoñen na exposición colectiva “Riveira” na galería O Faiado


No marco do Xuño da Cultura e as Artes tivo lugar esta fin de semana a inauguración dunha exposición colectiva na tenda-galería O Faiado. O seu título, “Riveira”, dando cabida ás creacións de 24 artistas, tanto novos como consagrados.

O acto de apertura contou coa presenza da concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso, ademais de boa parte dos protagonistas da mostra.

Está formada por Belén Rodríguez, Maralla, Perla Igual, Mariví, Guillermo Pedrosa, Beatriz Martínez del Campo, Roque Rey, Luis Polo, Fernando Rey, José Gude, Marisol Penas, Olegario Sampedro, Manuel Paz, Hugo Mario Pereira Bengua, Jontxu, Ramón Díaz, Francisco M. Calo, Nona, Aida, Antonio Pérez, María Regueira, Santarelli, María Porta e Carmen Sampedro.