Friday 22 de November de 2024

Beatriz Mato afirma que o medio ambiente convértese no gran gañador coa implicación dos máis novos no seu coidado


 A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, solicita os escolares un compromiso co medio ambiente “para sempre”
 Felicita aos gañadores e particpantes no concurso Ecopreguntoiro, que durante estes meses aprenderon moitos coñecementos sobre esta materia

Cerceda (A Coruña), 9 de xuño de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, afirmou esta mañá que o medio ambiente convertese no gran gañador se a sociedade é capaz de implicar aos máis novos no seu coidado.

Así o puxo de manifesto esta mañá durante a entrega de premios EcoVoz 2017, onde apelou ao compromiso dos nenos e nenas galegas “para sempre, porque nas súas máns está o futuro do planeta”. Engadiu que a sociedade quere un planeta máis sostible e ese labor debe empezar dende moi nenos, para que avancen por ese camiño e contribúan a facer un mundo mellor.

A conselleira felicitou aos participantes e gañadores do concurso Ecopreguntoiro e salientou que o mellor premio levan son os coñecementos adquiridos ao aprendido ao longo destes meses. Tamén puxo en valor o traballo realizado polos colexios Manuela Ría Mouzo, de Cee, e Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras, campión e finalista, respectivamente; e de Anxo Rodríguez Goás que recibe o premio á mellor Ecofotografía, e ao colexio A Ponte, de Ourense, que foi o gañador do concurso de Ecovídeo.

Por último, invitou aos asistentes a traballar a prol dunha Galicia educada nos valores do respecto e o compromiso coa protección do medio ambiente, que contribúa a un desenvolvemento sustentable e que mellore a nosa calidade de vida presente e futura.