O prazo de inscrición principia o vindeiro 15 de xuño
O prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Verán 2017 arrancará o vindeiro xoves 15 de xuño a partir das 10 horas e estará aberto ata o vindeiro 22 de xuño ás 12 horas.
Nove son as escolas propostas dentro da iniciativa que promove a Concellería de Deportes.
1. Aerobic Mozos: para nados entre 2007 e 2001 e que se celebrará no complexo da Fieiteira.
2. Baloncesto: nados entre 2010 e 2001, no complexo da Fieiteira
3. Pádel: nados entre 2010 e 2001, no Centro de Raqueta Santa Uxía
4. Patinaxe: nados entre 2013 e 2001, no polideportivo de Artes
5. Tenis: nados entre 2010 e 2001, no complexo da Fieiteira
6. Triatlón: nados entre 2010 e 2001, no complexo da Fieiteira
7. Xadrez: nados entre 2009 e 2000, na Casa da Xuventude
8. Multideporte – Psicomotricidade: nados entre 2013 e 201º, no Complexo da Fieiteira
9. Xadrez: nados do 2010 ao 2011, na Casa da Xuventude de Riveira
Tamén terán lugar catro actividades, das cales o rugby é novidade:
1. Campamento deportivo Deputación da Coruña: con idades de 8 a 14 anos, no Centro Residencial Docente da Coruña-Culleredo.
2. Campamento deportivo Riveira Verán 2017: nados entre 2011 e 2005. No polideportivo do IES Número 1 e inmediacións.
3. Curso de iniciación ao surf: nados entre 2008 e 2000. Na praia do Vilar.
4. Campus Rugby Verán 2017. De 8 a 12 anos. No campo de herba natural da Fieiteira.
Os interesados poden cumprimentados a súa inscrición no formulario habilitado na páxina web do Concello de Riveira, www.riveira.gal. Tamén se poderá facer de xeito presencial na Oficina de Deportes situada no complexo da Fieiteira.
O comezo das clases está programada para o luns 3 de xullo.