A serie televisiva emitida pola TVG Serramoura escolleu esta semana o Campo da Feira para gravar novos capítulos. Concretamente as tomas leváronse a cabo no pub Acero e nas súas inmediacións, e corresponden cunha das tramas que se desenvolverá ao longo dos capítulos 106 e 107. Nelas actuaron os protagonistas da serie, Marga e Diego, que non pararon de facerse fotos con moitos veciños e veciñas que aproveitaron a oportunidade de coñecer en persoa a estes populares actores. Non é a primeira vez que Voz Audiovisual, produtora desta afamada serie, escolle localizacións dentro do municipio. Recentemente tamén estiveron gravando o capítulo 98 na casa da Maquía, na estación de Parada.