Friday 22 de November de 2024

O Concello abre o 24 de novembro o prazo para participar na Cabalgata de Reis 2015


O evento estará inspirado, esta edición, nos contos infantís

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo 24 de novembro comezará o prazo de inscrición para participar como figurante na Cabalgata de Reis Magos 2015, que para esta edición ten os contos infantís como fío condutor.
De igual modo que se fixo en anos anteriores, dende a chegada do novo Goberno local, a área de Cultura quere abrir aos cidadáns esta actividade para que se involucren nas festas coruñesas nunhas datas tan especiais, sobre todo, para os máis pequenos da casa.
As prazas dispoñibles divídense en dúas categorías:
. Figurantes sentados, destinadas a nenos e nenas que o 5 de xaneiro de 2015 teñan entre os 6 e os 10 anos.
. Figurantes do séquito que irán a pé, dirixidos a todos os cidadáns e cidadás que o 5 de xaneiro de 2015 teñan entre 6 e 10 anos. Neste caso, terán que ir acompañados durante o percorrido dun adulto responsable, que tamén terá que inscribirse como figurante do séquito a pé. Tamén poderán ir todos os cidadáns maiores de 11 anos.
En ambos os dous casos, as solicitudes formalizaranse cubrindo a ficha de inscrición que se poderá recoller, dende mañá, luns 17 de novembro, nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), do Fórum Metropolitano e do centro Ágora, ou descargar da web municipal www.coruna.es e que deberá entregarse na Ágora, en horario de 09.00 a 20.00 horas dende o 24 de novembro ata que se esgoten as prazas. Cada persoa poderá presentar un máximo de 6 solicitudes.
Nesta ocasión, o fío condutor do evento será o dos contos infantís. Deste modo, está prevista a temática de todas e cada unha das 7 carrozas municipais. En concreto, a de Melchor inspirarase en Hansel e Gretel; a de Gaspar, no soldadiño de chumbo; e a de Baltasar, no libro da selva.
As outras 4 carrozas basearanse en Caperucita Roja, Blancaneves e os sete enanitos, Pinocho e Peter Pan, personaxes de contos aos que se sumarán moitos máis co resto de carrozas que conformarán a Cabalgata 2015, entre outros: O Frautista de Hamelin,
A Sirenita, A Cincenta e outros moitos que desfilarán polas rúas da cidade nunha noite máxica.