Saturday 16 de November de 2024

Obradoiros infantís na praza do concello no marco do xuño da cultura e as artes


Da man da Igrexa Cristiá Evanxélica Renovación e a Comunidade Cristiá Boas Novas, a praza do Concello foi escenario na tarde de onte da celebración de diversos obradoiros infantís, tales como maquillaxe, manualidades, globoflexia, contacontos, xogos e monicreques.

Estes talleres prolongaranse todos os mércores de mes de 19 a 21.30 horas no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes de Riveira.

Ademais, a promoción das dúas entidades citadas mañá venres a partir das 18.30 horas terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas unha conferencia-coloquio titulada “Riveira – Libre de Bullying”, coa intervención de Yván Pinto Sierralta, presidente da ONG “Aventura Joven en Acción”, que promove tpdp to`p de accións, actividades e iniciativas encamiñadas á defensa, educación e desenvolvemento integral da xuventude e adolescencia en España e Latinoamérica.

Así mesmo, o venres 16 de 22 a 23.30 horas na praza do Concello organizarán un concerto de mozos noveis.