O campo de fútbol de Loxo acollerá o próximo sábado, día 10 de xuño, o VIII Trofeo F-8 Alevín Concello de Touro e o I Trofeo F-8 Prebenxamín Concello de Touro. O Concello de Touro, en colaboración coa Sociedad Deportiva Touro, organiza cada ano un dos torneos para os xogadores máis pequenos máis recoñecidos en toda a provincia da Coruña.
Os partidos comenzarán a disputarse pola mañán. Haberá partidos durante toda a xornada do sábado. Arredor de 100 rapaces e rapazas de equipos de toda a comarca acudirán a competir ao campo de fútbol de Loxo. Está previsto que no campeonato alevín participen os seguintes equipos: SD Touro, Val do Ulla, Burgo das Nacións, Val do Ulla, Bertamiráns e Cire Melide. E no torneo de prebenxamín acudirán SD Touro, Burgo das Nacións, Atlético Fátima e SD Cruces.
Os partidos, na súa fase final, terán dous tempos de 15 minutos cada un. Está previsto que pola tarde se faga entrega dos trofeos aos gañadores. E tamén aos finalistas. Acudirán as autoridades locales, encabezadas polo alcalde, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes de Touro, Adela Iglesias.