O Concello de Riveira informa de que na presente semana se procedeu ao acondicionamento do camiño que dá acceso ao miradoiro coñecido como Os Castelos na parroquia de Aguiño.
A actuación consistiu na pavimentación con aglomerado asfáltico dunha vía que estaba feita de terra ao longo dun tramo de 95 metros, o que dificultaba o seu tránsito.
Os traballos foron acometidos pola empresa Eulogio Viñal no marco dun macroproxecto que inclúe a mellora o pavimentación asfáltica dun total de 19 viais repartidos entre as distintas parroquias do municipio.
O importe global de todas estas actuacións ascende a 53.264 euros e o prazo de execución tres meses.