Saturday 16 de November de 2024

“Sons diversos” na Casa da Cultura de Fene con Sofía Espiñeira Trío


A cantautora mugardesa Sofía Espiñeira, gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo 2015, presenta este venres en Fene o seu primeiro traballo discográfico. Con este concerto, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura, chega ao seu fin o ciclo “Sons diversos” que organizou durante os meses de maio e xuño a Concellería de Cultura de Fene, no marco do programa “Cultura no Camiño´17”. Entrada de balde até completar o aforo (120 localidades).
“Estilos diversos e temáticas de preto” é o que propón para o seu concerto de Fene o Sofía Espiñeira Trío, formación a tres na que a voz e a guitarra da cantautora mugardesa se complementa coa gravidade do contrabaixo e a forza da percusión. O resultado é unha proposta sinxela e directa que “viste” os temas cun aire diferente e cheo de novas sonoridades. Espectáculo para todos os públicos.