O Pazo do Bidueiro acolleu a comida solidaria que cada ano organiza a AECC Ordes e á que asistiron todos os membros do equipo de goberno local
Un ano máis os veciños e veciñas de Ordes apoiaron masivamente a loita contra o cancro. Como ven sendo habitual dende hai xa catro anos a AECC Ordes celebrou a súa xuntanza solidaria, onde ademais de desfrutar da boa mesa tamén se contribuiu coa investigación contra esta enfermidade. Nesta ocasión o punto de encontro foi o Pazo do Bidueiro, onde se serviron 320 menús. Unha cifra que se traduce en 2.000 euros recadados gracias á venda de entradas. Unha cantidade que se viu lixeiramente superada grazas aos donativos depositados no peto instalado especialmente para a ocasión.
Ademais dos centos de veciños, veciñas e representantes de todos os sectores, na lista de asistentes figuraron tamén Manuel Regos, alcalde de Ordes; Elena Viturro, presidenta da AECC A Coruña; Emilia Vázquez, presidenta da EECC Ordes; Concha Castro, axudante da AECC; Marcos Calvo, psicólogo da EECC, ademais doutros membros do equipo de goberno local e outros concelleiros da oposición.
Tras finalizar o xantar, no que os protagonistas foron as carnes e peixes típicamente galegos, chegaron os discursos por parte dos ocupantes da mesa presidencial. O apoio aos afectados e profesionais que se adican a superar esta doenza, ás persoas afectadas, e o recoñecemento ás asociacións de apoio foi o eixe central dos comentarios por parte de todos. Inmediatamente depois dou comezo o sorteo das decenas de agasallos doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES). Entre eles figuraban estancias de fin de semana no balneario Marina Spa en O Grove, así como na Casa da Escola, no Concello de Trazo (Xaveste).
A popular e ben querida cantante Tania Veiras, oriunda do Concello, ofreceu un recital que arrancou un sonoro aprauso por parte dos asistentes. A súa posta en escena marcou o inicio da sesión de baile que se prolongou ao longo da tarde.
Ademais dos centos de veciños, veciñas e representantes de todos os sectores, na lista de asistentes a este evento figuraron tamén Manuel Regos, alcalde de Ordes; Elena Viturro, presidenta da AECC A Coruña; Emilia Vázquez, presidenta da EECC Ordes; Marcos Calvo, psicólogo da EECC, ademais dos restantes membros do equipo de goberno local e doutros concelleiros da oposición.