Friday 22 de November de 2024

A piscina de Brión ofrece máis de 300 prazas para o seu campamento infantil de verán


A piscina municipal de Brión convoca máis de 300 prazas nos “Campamentos Play”, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e que terán lugar do 26 de xuño ao 8 de setembro. As actividades desenvólvense de 10:00 e as 14:00 horas e por períodos de, como mínimo, unha semana, adaptándose así ás necesidades das familias.

Os prezos van dende 25 euros por semana, con descontos especiais para segundo irmán/irmá e por contratar catro semanas, que se leva unha quinta de agasallo. Para máis información e inscricións no campamento de verán da Piscina de Brión pódese chamar ao 981 887 346 ou achegarse á recepción da instalación deportiva.

A oferta destes campamentos estará centrada no deporte, onde nenos e nenas poderán gozar de actividades acuáticas, coregráficas, psicomotricidade, xincanas… Ademais terán a posibilidade de desenvolver as súas aptitudes creativas con obradoiros, practicar deportes tradicionais ou populares ou reforzar o inglés.