O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, recibiu no seu despacho ao alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, nun encontro no que ambos os dous aproveitaron para intercambiar pareceres sobre diferentes asuntos referidos ao concello.
A reunión, que se prolongou durante preto dunha hora, serviu para manter unha primeira toma de contacto e para establecer pontes de diálogo entre o concello e os diferentes departamentos da Xunta de Galicia en aras a que a devandita colaboración quede reflectida en melloras para a calidade de vida e o benestar dos veciños..