Persoal tanto do Concello de Ordes como da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes gardaron esta mañá un minuto de silencio como sinal de repulsa polos atentados terroristas acontecidos esta fin de semana en Londres. Coas bandeiras a media hasta o acto, convocado por Presidencia do Goberno, tivo lugar na escalinata da entrada principal ao Concello. No acto participaron o alcalde de Ordes e a primeira tenenta de alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, ademais doutros integrantes da corporación municipal.