Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes fai pública a súa felicitación a D. Ángel Fernando Maldonado Rodríguez, rexedor terceiro do Concello de Veracruz (México) e secretario xeral da Asociación de Rexedores de México, pola concesión do Premio Internacional Maia 2017


O Concello de Ordes fai pública a súa felicitación a D. Ángel Fernando Maldonado Rodríguez, rexedor terceiro do Concello de Veracruz (México) e secretario xeral da Asociación de Rexedores de México, pola concesión do Premio Internacional Maia 2017.
Un recoñecemento outorgado recentemente polo Instituto Mellores Gobernantes, asociación civil, apartidista e carente de ánimo de lucro que busca formar, fomentar, evaluar e recoñecer aos mellores servidores públicos de México e Iberoamérica.

Agradéceselle a D. Ángel Fernando Maldonado Rodríguez a súa contribución no proceso de irmandade coa vila de Veracruz, porto de entrada da expedición Balmis, medida aprobada polo Pleno de Ordes. Esta gran xesta médica emprendida gracias ao traballo desempeñado por Isabel Zendal supuso a erradicación da praga de varíola no novo mundo, considerada unha das maiores causas de mortalidade na historia da humanidade. Este labor supúsolle a esta veciña natural da parroquia de Parada o recoñecemento como filla predilecta por parte da corporación ordense.

Do encontro mantido en decembro de 2016
entre D. Ángel Fernando Maldonado e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, sae o compromiso de traballar conxuntamente na irmandade das cidades clave na historia de tan extraordinaria muller. Ordes, como lugar de nacemento; Veracruz, porta de entrada a México e onde viviu varios años; e Puebla, lugar onde finou.
O principal obxectivo pasa porque ditos lazos de unión sexan unha realidade no 2018, coincidindo co V centenario da fundación da vila de Veracruz
polo conquistador español Hernán Cortés.