Friday 22 de November de 2024

A USC e o Concello de Ordes deseñan conxuntamente un novo centro de emprendedores municipal


Ubicarase no antigo centro comarcal e está previsto que inicie a súa actividade a principios do vindeiro ano

O Concello de Ordes acaba de anunciar o acordo de colaboración que está a ultimar coa USC, grazas ao cal e de maneira conxunta se instalará un centro de emprendedores no antigo centro comarcal ubicado na zona de As Casillas. Unha medida da que participan tamén os socialistas de Ordes, en consonancia coa proposta plantexada en pleno por eles. Unha iniciativa que derivou no acordo orzamentario de ubicar un centro destas características no casco urbán.

Despois dunha serie de contactos previos esta semana representantes da USC visitaron o Concello de Ordes en compaña de Manuel Regos, alcalde do municipio, así como doutros membros do seu gabinete. Tras percorrer as instalacións e tras realizar un estudo pormenorizado do que ata fai pouco era o antigo Centro Comarcal, deuse o visto bo para “poder levar a cabo un proxecto desta índole”, manifestaron tanto os membros da USC como do erario ordense.

Tras este punto de arranque “tan positivo” en datas moi próximas procederase coa redacción dos pliegos de condicións que se exixirán para poder acceder a un dos 7 espazos que se ofrecerán aos futuros empresariosl. “Temos gañas, compromiso e un espazo adecuado. Ofrecemos todo o noso impulso, experiencia e o apoio e asesoramento por parte da USC para facer deste municipio o mellor lugar para acadar un futuro próspero a aqueles que queiran vir traballar onda nós”, asegura o alcalde de Ordes.

Francisco Ferreiro Seoane, profesor da Economía Aplicada da USC e experto en emprendemento empresarial, ademais de profesor da Escuela de Relacións Laborales da Coruña, define a idea presentada pola alcaldía de Ordes como “magnífica e idónea para converterse en todo un referente a nivel galego”. Un argumento que xustifica tanto nas características do inmoble que se pon a disposición e que califica como “precioso e cheo de oportunidades”, como na decisión de confiar nun ente independente como é a Universidade de Santiago á hora de trazar o plan de viabilidade e as liñas de selección e asesoramento para os futuros usuarios. Así o asegura o que hoxe en día é unha das voces máis competentes de toda Galicia en materia de viveiros de empresas e proxectos de emprendemento.

Foi a principios de abril do pasado mes cando o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, oficializou coa súa rúbrica a deste centro ao Concello de Ordes. A día de hoxe este inmoble tradúcese en 3 despachos xa instalados e un espazo restante “que cunha mínima inversión poderase convertir noutras 4 zonas de traballo engadidas”.

Asegura Francisco Ferreiro. “Pola miña ampla experiencia e tendo en conta factores como a ubicación de Ordes, as características da edificación e o plantexamento do equipo local de goberno podemos falar darredor dunha ducia de postos de traballos”, asegura o profesor da USC. Ademais, a todo elo hai que engadir tamén unha sala de informática e outra de xuntas.

O seguinte paso deste ambicioso proxecto darase a vindeira semana. “A nosa idea é que a partir do mes de xaneiro empece a actividade no centro de emprendedores municipal, polo que agardamos que en decembro estemos estudando e valorando os primeiros proxectos de maneira conxunta”, manifesta o concelleiro Xesús Pedreira. “Para elo tanto o plan de viabilidade que está a levar a cabo a USC como o pliego de condicións debe ir áxil e á par, polo que o ritmo que levamos non ten pausas de ningún tipo”, asevera o alcalde Manuel Regos.