Friday 22 de November de 2024

O concello saca a licitación o desbroce de marxes e apertura de cunetas ao longo de 81 kilómetros de camiños públicos en Riveira


O Concello de Riveira informa da licitación dos traballos de desbroce de marxes e a apertura de cunetas nos camiños públicos das nove parroquias do termo municipal.

O prezo de licitación ascende a 60.452 euros, IVE incluído.

O prazo de execución do contrato é de cuatro meses e o de presentación de ofertas expira o vindeiro martes 6 de xuño.

Os traballos a realizar abranguen unha lonxitude total de 81.338 metros, incluíndo:

• Desbroce e limpeza de marxes de camiños (eliminación de cobertura vexetal dos bordes da plataforma de camiños municipais con medios mecánicos, con axuda manuel se fose necesario, incluíndo desbroce do espazo comprendido entre o pavimento e o límite das propiedades privadas colindantes)

• Apertura de cunetas(extracción dos materiais que se depositen nas cunetas, rasanteado paredes e fondo para conseguir unha óptima evacuación de auga e incluíndo o desbroce previo da superficie e a carga, transporte e xestión de residuos en lugar autorizado).

Desbrozadora de brazo articulado
A maiores, cómpre informar de que o Concello tamén está en trámites para comprar dunha desbrozadora de brazo articulado para acoplar no tractor municipal, o que permitirá que persoal do Concello se encargue tamén deste tipo de labores noutros camiños das nove parroquias. O importe de licitación é de 20.570 euros, IVE incluído.