Período único de preinscrición! Do 5 ao 15 de xuño de 2017
Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do luns 5 de xuño, ás 10:00 h ata as 23:59 h do 15 de xuño en: www.riveira.gal
Ou no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, de 10:00 a 14:00 h, de luns a venres.
Información: 981 835650 – culturaefestexos@riveira.com
* NORMAS DE ADMISIÓN DOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO VERÁN CULTURAL DE RIVEIRA 2017 aprobadas en XGL do 01/06/2017 e publicadas en www.riveira.gal
• CAMPAMENTO MULTIDISCIPLINAR “XOGA CON NÓS” (do 03 de xullo ao 31 de agosto de
2017 en Riveira): 120 PARTICIPANTES nados de 2009 ao 1 de xullo de 2014. Agrupamento máximo de 30 participantes. Prezo de Matrícula: 1 mes 60,00 € – 2 meses: 100,00 €
• CAMPAMENTO MULTIDISCIPLINAR “VERÁN RECHINÁN” (do 03 de xullo ao 31 de agosto de
2017 en Riveira) a celebrar nas parroquias de Aguiño-Carreira-Castiñeiras ou Corrubedo- Olveira-Artes-Oleiros: 30 PARTICIPANTES nados de 2009 a 2013 en un agrupamento parroquial dun máximo de 30 participantes no lugar a determinar polo Concello. Prezo de Matrícula: 1 mes 60,00 € – 2 meses: 100,00 €
• CAMPAMENTO DE INGLÉS “CAMP OF CULTURAL SUMMER” (do 03 de xullo ao 31 de agosto de 2017 en Riveira): 34 PARTICIPANTES nados de 2005 a 2009. Prezo de Matrícula: 1 mes
70,00 € – 2 meses: 120,00 €
* Reservarase un 10 % das prazas para emerxencia social! Estes participantes deberán derivarse dende os Servizos Sociais Municipais a través dun informe conxunto ou relación detallada elaborada polos profesionais da Área de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira.
Orde de prioridade na reserva da praza en caso de encherse os cupos:
Todos os preinscritos serán seleccionados tendo en conta os seguintes requisitos por orde excluínte de prioridades;
1. Participantes empadroados no municipio de Riveira (o empadroamento comprobarase administrativamente por parte de persoal municipal).
2. Proxenitor –pai/nai/titor- traballador en activo (terán que realizar unha declaración xurada e en
todo caso, de ser necesario demostrarase con certificado de empresa ou documento similar-; terán maior prioridade os participantes de familias monoparentais onde o proxenitor sexa traballador en activo e os de familias onde os dous proxenitores sexan traballadores en activo). *Considerarase tamén as persoas que xustifiquen documentalmente a busca activa de emprego ou realización de formación regrada.
3. Orde de inscrición (comprobarase pola data e hora da preinscrición no formulario online).
Listaxes e admisión: O 19 de xuño publicarase na web municipal e nas dependencias de Cultura o listaxe provisional, tendo o 20 de xuño para reclamacións e publicándose o 22 de xuño a listaxe definitiva. O prazo de matrícula, coa entrega da documentación e a autorización de cargo do importe en conta, será do 23 ao 28 de xuño. O 30 de xuño publicarase a listaxe definitiva, os lugares e grupos aos que deberán dirixirse o día 3 de xullo –para xullo e todo o verán- e o 1 de agosto –só para participantes de agosto-.