Actividades que se farán esta fin de semana nos Xardíns de Valle-Inclán:
A protectora de animais Moura, en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, comprácese en anunciar que os próximos días venres 2, sábado 3 e domingo 4 de xuño terá lugar unha Feira de Benestar Animal e Ecoloxismo, instalada nos xardíns de Valle Inclán (Pobra do Caramiñal)
A feira contará coa representación das seguintes asociacións e protectoras:
– Foro Ecolóxico do Barbanza
– Sachos á Rúa
– Protectora Anajata
– Protectora Arca de Noia
– Protectora Callejeritos Villagarcía
– Protectora Aloia de Tui
– Protectora Moura
– Vox Ánima
Tamén haberá casetas con artesanía sostible e ecolóxica, contaremos ca presenza dun posto con camisolas orgánicas, outro de encadernación e scrapbooking con base sobre cartón reciclado, e contaremos coa presenza de postos de comida ecolóxica.
Na caseta de Moura contaremos cun contedor para reciclar teléfonos móbiles, ca campaña “movilízate pola selva”. Segundo o número de doazóns recibidas, apadriñarase a gorilas e outros primates rescatados pola fundación Jane Goodall.
O espírito desde evento é sensibilizar, recadar para cada unha das asociacións e darse a coñecer entre a xente do pobo.
Contaremos coa actuación de Versus o domingo as 21.00 horas diante dos Xardíns de Valle-Inclán.