O Xuño da Cultura e as Artes de Riveira principiou no día de hoxe e entre os actos máis relevantes cómpre destacar a charla “Cannabis, Saber Máis / Arriscar Menos” que na mañá de hoxe encheu o patio de butacas do Auditorio Municipal.
Organizada pola asociación Renacer, a intervención foi ofrecida por Manuel Isorna Golgar, técnico do Plan de Prevención do Concello de Catoira e profesor da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo. Estivo dirixida ao alumnado de 3º de ESO de Riveira.
Tamén estaba prevista a celebración dun campionato de escoba por parellas no Liceo Marítimo de Riveira e obradoiros artesanais na rúa ofrecidos pola Asociación A Creba.