Veciños de Touro, alumnos e profesores do Colexio CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro visitaron esta semana a exposición Luz e compromiso sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, instalada no propio centro educativo. A mostra estará aberta do 22 de maio e ata o 9 de xuño en horario de 10.00 a 16.00 horas. A visita programa o pasado martes, día 30 de maio, ás 11.45 horas foi guiada polo profesor do centro Daniel Asorey, quen fixo que tamén participasen os alumnos. O grupo de visitantes foi coñecendo a vida de Isaac Díaz pardo e todo o seu legado. A exposición Luz e compromiso está composta de 40 paneis aportados polo IES nº 1 de Ordes e enriquecidos con aportacións do alumnos e profesores do CPI Fonte Díaz de Touro, fundamentalmente fondos bibliográficos. En todo o centro educativo pódese apreciar a posta en valor da obra de Isaac Díaz Pardo con traballos feitos polos alumnos. Daniel Pereiro, director do CPI Fonte Díaz, aproveita para convidar a toda a comunidade educativa, a veciños e veciñas e a forasteiros a visitar a exposición sobre a vida e obra “deste persoeiro tan importante para a nosa cultura”. Estará aberta ata o 9 de xuño.