Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame traslada ao 18 de xuño o espectáculo de Microteatro previsto para este sábado no parque de San Lorenzo


O Concello de Lousame traslada ao domingo 18 de xuño o espectáculo de “Microteatro”, previsto inicialmente para este sábado 3 de xuño no parque de San Lourenzo dentro do programa especial “Letras Galegas 2017” programado polas Concellerías de Cultura e Xuventude. Un cambio que obedece a problemas de disponibilidade dalgúns dos integrantes dos grupos participantes o que, unido á celebración a esa mesma hora da VIII Festa Gastronómica do Carneiro da Asociación Cultural San Roquiño (na que colabora o Concello de Lousame), fixo que se optase finalmente polo cambio de data.

O Concello de Lousame lamenta as molestias que este cambio de datas poida producir e convida a todos os veciños e veciñas a achegarse o domingo 18 de xuño ata o parque de San Lourenzo para desfrutar das actuacións de grupos como Tastarabás Teatro, Tic-Tac Teatro, Teatro do Improvisto e moitas sorpresas. A asistencia é totalmente libre e de balde.