Friday 22 de November de 2024

Recepción ao equipo júnior de hóckey A.C. Órdenes


O acto aberto terá lugar este sábado, 2 de xuño, ás 11.30 horas no Concello. Poderán asistir todas as persoas interesadas. Será una homenaxe a xogadores, directiva e demais persoas afeccionadas pola súa gran tempada

O Concello de Ordes ofrecerá o vindeiro sábado, 2 de xuño, unha recepción oficial ao equipo júnior de hóckey A.C. Órdenes. Terá lugar no salón de plenos do antigo edificio consistorial ás 11.30 horas, e poderán asistir todas as persoas que o desexen.
José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde de Ordes e edil de Deportes respectivamente, presidirán este acto no que se fará un especial recoñecemento á gran tempada realizada tanto polo cadro de xogadores como polo seu corpo técnico, directivo e afección. Entre os títulos acadados destacan os do terceiro posto no Campionato de España; e os de campións no Sector Norte, na liga galega e na fase regular da liga júnior autonómica.