A iniciativa alcanza a súa sexta edición
Concertos, festivais, obradoiros, espectáculos, viaxes, roteiros, campionatos, conferencias, danza, clases ao ar libre, exposicións, teatro, contacontos, relatorios e un longo etcétera comporán a sexta edición do Xuño da Cultura e As Artes: unha programación que unha vez máis non deixará ningún día de xuño sen actividade aunando máis un cento actos nun solo mes.
A concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso, foi a encargada de presentar este amplísimo calendario de eventos e agradeceu a implicación das distintas asociacións, clubs, centros educativos, entidades, organismos… que conforman o tecido social do municipio, ata alcanzar un total de 55 colectivos involucrados, máis ca en ningunha outra edición, ao que hai que engadir 14 servizos municipais e a Deputación da Coruña.
Pouso destacou que haberá ata seis actividades nun mesmo día, todas gratuítas, e invitou a novos colectivos a que dean o paso de sumarse a esta programación, que será difundida a través de 3.000 programas de man, ademais de bandeirolas nas principais prazas e rúas e un cento de carteis.