Thursday 21 de November de 2024

Clausura das Escolas Culturais Musicais do concello de Fene


As escolas municipais de piano e guitarra 2016/17 do Concello de Fene chegan ao seu fin. Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza para este mércores, 31 de marzo, un concerto de piano e para o xoves, 1 de xuño, un recital de guitarra. Ambos os dous festivais serán no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e terán como protagonistas aos/ás alumnos/as das devanditas escolas.

En primeiro lugar, o mércores desta semana, actuará o alumnado da escola municipal de piano, baixo a dirección dos mestres Amalia Guerrero e Miguel Pita. No concerto, que comezará ás 17.30 horas, escoitaranse temas clásicos coma o Canon, de Pachelbel, o Para Elisa, de Beethoven, ou o Can can, de Offenbach. Tamén soarán composicións de pop-rock máis modernas (“Bailando”, de Enrique Iglesias, “Nothing else matters”, de Metallica, ou “Yesterday”, de The Beatles) e temas de bandas sonoras (“Piratas del Caribe BS”, “Let it go” (Frozen), “La pantera rosa BS”, etc).

A continuación, o xoves, será o concerto de guitarra. Comezará ás 16.30 horas e baixo a dirección do mestre Daniel Adzemian. Neste segundo recital, os/as alumnos/as da escola municipal de guitarra interpretarán temas clásicos (“Bourée in E minor”, de J.S. Bach, “La donna e mobile”, de G. Verdi), populares (“Flor de almendro”, “Gatitos”, “A saia da Carolina”) e tamén modernos (“Smoke on the water”, de Deep Purple, “Black or white”, de Michael Jackson ou “Day tripper”, de Lennon-Mcartney)-

Ao redor de 60 persoas, nenos e adultos, asistiron neste curso ás Escolas Culturais Municipais de Música do Concello de Fene.