Friday 22 de November de 2024

Convocado o proceso selectivo para contratar a 16 peóns de limpeza de praia durante os meses de xullo e agosto


O Concello de Riveira convoca un proceso selectivo para a contratación laboral de 16 peóns de limpeza de praias nos meses de xullo e agosto.

As bases que rexen este proceso están publicadas na páxina web www.riveira.gal.

Entre os requisitos que se esixen, cómpre ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e levar inscrito un mínimo de 6 meses consecutivos, tanto no momento da selección como da formalización do contrato.

A modalidade do contrato é a tempo parcial de 20 horas semanais que se distribuirá de luns a domingo segundo as necesidades e organización.

Os interesados en presentar as súas solicitudes para concorrer ao proceso selectivo dispoñen de 5 días hábiles contados a partir de hoxe.

Máis información en: http://www.riveira.es/wp-content/uploads/2017/05/limpieza_playas17_bases.pdf