O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida este venres 2 de xuño ás 19.30 á estrea do documental titulado “Muller(es)Muller” a iniciativa do CIM de Riveira.
De 80 minutos de duración, Muller(es) Muller ofrécenos unha visión do papel que desempeñan as mulleres na sociedade actual, os obstáculos que se atopan e os esforzos que realizan para definir a súa identidade, a través de mulleres de tres xeracións con vidas moi diferentes.
Dirixida por Inés Pintor, a película conta coa participación das escritoras Marilar Aleixandre, Olga Novo, Yolanda Castaño, María Reimóndez, Chus Pato e Carmen Blanco.
É un documental producido por SocialDocs.