O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou no acto de Arriado Solemne da Bandeira, que tivo lugar na Praza da Constitución da Coruña, presidido polo Xeral Xefe da Forza Loxística Operativo (FLO), Francisco Javier Sánchez Fernández.
O arriado da bandeira forma parte do programa de actos programado pola FLO co gallo da celebración da festividade do día das Forzas Armadas, que inclúe concertos, actos deportivos, visitas guiadas ao pazo de Capitanía, conferencias e exposicións.