Saturday 16 de November de 2024

Teatro escolar para concienciar sobre a importancia da reciclaxe


A Casa da Cultura de Ordes acolleu a representación da obra O conto máxico
Máis de 250 de nenos e nenas de primaria dos colexios Campomaior e Castelao acudiron á función teatral O conto máxico. Nel nárrase a historia do mago do libro dos contos máxicos, que tras atoparse cun mundo arrasado polos incendios, a contaminación e o quentamento global decide realizar o feitizo da tinta máxica. Así é como crea un conto protagonizado por Heroe, que asume a misión de salvar o libro dos contos máxicos a través da reciclaxe.

Englobada dentro das actividades do Día Internacional da Reciclaxe (17 de maio), a pretensión desta actividade pasa por contribuír á concienciación de protexer a contorna, prestando especial atención aos residuos. A redución, a reutilización e a reciclaxe constitúen, neste sentido, o mellor método para facer fronte á produción de lixo, promovendo o máximo aproveitamento dos produtos e a súa conversión en recursos.

Entre o público asistente non faltou Ana Soneira, edil do Concello de Ordes. O conto máxico é unha obra de teatro promovida pola produtora de Blanca Marsillach y Varela Producciones, a cal chega a Ordes da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA).