Friday 22 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle mañá venres a proxección do documental “Contando a Carlos Casares”


A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá mañá venres 26 de maio, ás 21:00 horas, proxección do documental “Contando a Carlos Casares”, unha produción de Millofilmes dirixida por Gonzalo E. Veloso. A entrada é totalmente libre e de balde.

“Contando a Carlos Casares” é un documental no que participan familiares, amigos e especialistas sobre o escritor ourensán homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Ao longo dunha hora de proxección, os veciños e veciñas de Lousame farán un percorrido polas facetas máis interesantes da vida de Carlos Casares para coñecer tanto ao home como a súa obra literaria.