Mañán xoves, día 25 de maio, ás 23.59 horas finaliza o prazo para inscribirse na V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2017, que se celebrará o próximo domingo 28 de maio. A carreira, que a súa saída está prevista para as 10.30 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que estará o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 13.15 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Os adultos poderán apuntarse na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.
Articulos relacionados
A Xunta destina unha achega de máis de 45.000 euros para a reforma das fachadas da Praza de Abastos de Porto do Son
noviembre 10, 2014 Comments are off 1688 visitas
Trátase dunha subvención da Consellería de Economía e Industria co fin de colaborar cos concellos ...
O goberno local presenta unha campaña especial de vixilancia e control de estacionamentos incorrectos de vehículos
octubre 1, 2019 Comments are off 149 visitas
O obxectivo, apuntou a alcaldesa, é previr e corrixir os malos hábitos que provocan “serios ...
En marcha as obras de reurbanización da rúa Paio Gómez, onde se gañarán espazos peonís e se reforzarán as medidas de seguridade viaria
febrero 1, 2025 Comments are off 0 visitas
O Concello iniciou esta semana os traballos previstos na rúa, onde a remodelación non afectará, ...
