Friday 22 de November de 2024

Minuto de silencio en Ordes en repulsa polo atentado acontecido en Manchester


Traballadores e traballadoras do Concello de Ordes, así como da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, gardaron esta mañá un minuto de silencio como sinal de repulsa polo atentado acontecido a pasada noite en Manchester, no cal pereceron 22 persoas e rexistráronse 59 feridos. Coas bandeiras a media hasta o acto, convocado polas federacións española e autonómica de municipios e provincias (FEMP e FEGAMP), tivo lugar na entrada do Concello. Non faltaron o alcalde de Ordes e a primeira tenenta de alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira respectivamente.