Monday 25 de November de 2024

Os alumnos de O Graxal estrean a súa senda escolar segura


Os voluntarios recolleron aos escolares nos puntos establecidos de encontro, sinalados con ras pintadas sobre a cera

Os alumnos do CEIP O Graxal utilizaron por primeira vez a senda escolar segura que eles mesmos deseñaron coa axuda do Concello e de Stop Accidentes.

Durante o traxecto os voluntarios recolleron aos escolares nos puntos establecidos de encontro, sinalados con ras pintadas sobre a cera, e o grupo foi aos poucos avanzando ata o centro educativo. Os pequenos portaban un brazalete e unha chapa como distintivos do programa. Os voluntarios alertaban do paso dos escolares por cada unha das sete rutas deseñadas. Foron acompañados en todo momento por membros da Policía Local, voluntarios de Cambre, voluntarios e delegada de Stop Accidentes, Jeanne Picard, e a propia edil de Seguridade cidadá, Josefa Vázquez Soto.

O programa, que impulsa os desprazamentos peonís como unha alternativa segura, saudable e sustentable para o camiño ao colexio de O Graxal, busca solucións aos problemas de mobilidade, a través do uso de alternativas seguras, e a consecuente mellora da súa saúde e da súa contorna urbana – social. Lógrase así fomentar a participación cidadá, mellorar a convivencia e impulsar cambios de hábitos máis saudables en beneficio da seguridade viaria e ambiental.

Desde hai meses o Concello, en colaboración con Stop Accidentes, está a traballar na creación do programa A.N.C.A.S (ASOCIACIÓN de NENOS/AS CAMIÑANTES por un AMBIENTE SUSTENTABLE, para promocionar o camiño escolar seguro no CEIP O Graxal coa participación da comunidade escolar, os veciños e comerciantes do barrio. Para conseguir este obxectivo impartíronse talleres de educación viaria a todos os alumnos do CEIP O Graxal nos que os menores escribiron carta dirixidas aos seus pais ou familiares, aos habitantes de Cambre, lembrándolles as boas prácticas de seguridade viaria. Tamén se realizaron enquisas, para confeccionar o mapa dos percorridos dos alumnos/as que pronto se marcarán nas beirarrúas cunha viñeta representada por unha ranita A.N.C.A.S nos puntos de encontro.