Riveira viviu esta pasada fin de semana unha animada con dúas interesantes actividades.
Dun lado, o contacontos infantil O Xigante Verde que o pasado sábado escenificou na Biblioteca o espectáculo Elefante Elegante: narración oral acompañada polo teatro xestual e a constante presenza da música, tellendo unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto.
Ademais, o domingo no Auditorio tivo lugar un concerto da Rondalla de Aguiño dirixido por Álex Millet.
Conferencia sobre Carlos Casares
A programación do Maio Cultural proseguirá este mércores coa conferencia sobre Carlos Casares que ofrecerá Henrique Monteagudo, doutor en Filoloxía, profesor e membro numerario da Real Academia Galega. Terá lugar ás 20 horas no Lustres Rivas.