O próximo xoves, día 25 de maio, ás 23.59 horas finaliza o prazo para inscribirse na V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2017, que se celebrará o próximo domingo 28 de maio. A carreira, que a súa saída está prevista para as 10.30 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que estará o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 13.15 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Os adultos poderán apuntarse na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.
Articulos relacionados
Implantadas novas medidas contra a inseguridade viaria no entorno portuario de Corrubedo durante a época de verán
julio 17, 2019 Comments are off 201 visitas
O Concello de Riveira está a dar un novo paso na progresiva implantación de ...
A orosá Sara Gacio Cendal logra a medalla de ouro en combate no open internacional de Moaña de taekwondo
diciembre 1, 2016 Comments are off 591 visitas
A orosá Sara Gacio Cendal vén de lograr a medalla de ouro en combate, categoría ...
Éxito da primeira edición da Andaina Histórica, que se repetirá este domingo 21 de xuño
junio 16, 2020 Comments are off 120 visitas
Máis de 30 veciñas e veciños participaron o pasado domingo na Andaina Histórica. Este ...
