Saturday 16 de November de 2024

Arranca a acción formativa da Universidade de Santiago sobre Camiños de Coñecemento e Experiencia dirixida a maiores de 50 anos


Un total de 25 persoas comezaron as clases no Lustres Rivas
Cubríronse todas as prazas e un total de 25 persoas maiores de 50 anos comezaron esta mañá o pioneiro programa formativo da Universidade de Santiago de Compostela titulado “Camiños de Coñecemento e Experiencia”.

O profesor da Facultade de Xeografía e Historia foi o encargado de abrir esta iniciativa cunha clase dedicada á Historia da Cultura de Galicia”.

A cita proseguirá mañá cunha visita ao dolmen de Axeitos, en tanto que o día 26 albergará unha nova clase teórica sobre medio ambiente a cargo de José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeiras, ambos profesores da facultade de Física da USC. Ademais, o día 31 haberá unha visita ao Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA) en Couso; mentres que o 1 de xuño unha outra clase denominada “Invitación a un Concerto”, por Silvana Longueira Matos e Laura Touriñán Morandeira, profesoras da facultade de Ciencias da Educación.

O programa culminará no próximo outubro coa asistencia a un concerto da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia.