Os nenos e nenas de Ordes xuntáronse unha vez máis na alameda de Ordes co fin de divertirse e botar máis dun canto co espectáculo Cocer e cantar. Da man da compañía Seisdedos durante unha hora os monicreques e a música foron o principal tanto para os máis novos e novas e para os adultos que se achegaron. A dita iniciativa formaba parte do programa de actividades organizadas polo Concello de Ordes para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo dedicado ao escritor Carlos Casares. Cabe lembrar que a día de hoxe aínda se visitar na biblioteca municipal unha ampla mostra de libros, obras e estudos do dito autor. Tamén se pode facer un repaso pola súa vida e traxectoria literaria a través das láminas instaladas, todo isto en colaboración da Xunta de Galicia.