Saturday 16 de November de 2024

Cambre entrega os premios do concurso de selfies FAITE UM CAMBRIE


O Concello de Cambre entregou hoxe os prémios do concurso denominado “#FaiteunCambrie” que tentou poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do concello.

Os gañadores foron Marta García Carregal (primeiro premio ao mellor selfie), Cris Sanjurjo (mellor selfie grupa) e Lucas Gonzalo Hermida Fernández (selfie máis divertido).

O primeiro premio recibiu un teléfono móbil de última xeración, o segundo premio un pao para realizar selfies, un trípode e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre, e o terceiro un palo para realizar selfies e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Ao rematar a entrega fixéronse todos os gañadores un selfie co alcalde, o concelleiro de Patrimonio, Ramón Boga, e a edil de Servizos, Elisa Pestonit.