Responderá a todas as dúbidas dos veciños e propietarios
O Xerente Rexional do Catastro en Galicia, Benito Bericochea, participará a finais deste mes nunhas xornadas informativas sobre o novo relatorio de valores que afectan a todas as propiedades inmobiliarias do termo municipal. Trátase, segundo a xerencia de Catastro, de dar en primeira persoa explicacións sobre os datos do relatorio de valores en canto ao valor do chan e da construción así como de responder ás dúbidas dos veciños sobre as valoracións dos seus bens inmobles. Acompañando a Bericochea estará a vicetesoureira da Deputación, Ana Fernández, o interventor de Cambre, Javier Ulloa, e o arquitecto municipal, José Ramón Díaz. Están convidados ás charlas todos os veciños e propietarios afectados pola revisión catastral. As reunións terán lugar enCambre (Salón de plenos- 20.00 oras), o luns día 24 de novembro, ou Tempero (CSC do Graxal- 20.30 horas), o día 25, e Brexo-Lema(Centro Social 20.00 horas), o día 26.