Friday 22 de November de 2024

Cultura convoca o III Concurso Literario de relato breve do Nadal


Concederase un único premio: dotado con 300 Euros

O departamento de Cultura convoca o segundo certame de relato breve do Nadal do Concello de Cambre que concederá ao seu gañador un premio de 200 euros e 100 euros ao segundo premio. Os relatos terán que estar escritos en castelán ou galego e deberán ser orixinais e inéditos, non premiados en calquera outro certame.
Así mesmo, o tema versará sobre o Nadal; valorarase especialmente a exaltación dos valores tradicionais do Nadal. A extensión non será superior a oito páxinas, tamaño DIN-A4, nin inferior a catro e admitirase tan só un relato por autor, mecanografados a dobre espazo, letra de corpo 12 tipo Times New Roman, en formato DIN A4, por unha soa cara e debidamente grampado. Por outro lado, o relato será presentado, por triplicado, nun sobre no que se especifique o título da obra e pseudónimo do autor. O prazo de presentación de traballos irá dende o 17 de novembro ata o 16 de Decembro e os relatos e a documentación remitiranse, vía correo ordinario ou de xeito presencial, á dirección Concello de Cambre. Área de Cultura e Turismo, Urbanización A Barcala, C/ Río Barcés. 8, 15660 Cambre.

Os membros do xurado coñeceranse xunto co fallo do premio, que terá carácter irrevogable. Concederanse dous premios: dotado con 300 euros, primeiro, e 100 euros, ao segundo. A devandita dotación estará suxeita ás retencións fiscais correspondentes. O fallo do xurado darase día 23 de decembro, a través dos medios dixitais do Concello de Cambre. As bases poderanse consultar na páxina web do concello ou nas redes sociais a partir da próxima semana. Para máis información os interesados pódense dirixir á Biblioteca Central de Cambre no tf. 981675709. A entrega de premios será o día 29 de decembro de 2014, ás 20:00h, na Casa da Cultura Vila Concepción. Establécese a obrigatoriedade de que os autores/ás que resulten gañadores se presenten a recoller os premios.