O CEIP O Mesón do Vento celebrou hoxe o Día das Letras Galegas, cunha xornada na que profesorado, alumnado, pais e nais mesturaron deporte, música e narracións. A xornada arrancou coa chamada carreira das letras. Posteriormente os nenos e nenas de infantil e primaria subiron ao escenario onde non pararon de recitar poemas, entonar cantigas populares, tocar a pandeireta e, incluso, leron un manifesto. Non foron os únicos xa que moitos familiares deles os acompañaron sobre as táboas nesta xornada de portas abertas. Como colofón final interpretouse o himno galego acompañado de gaita e saxofón. Entre os que o entonaron non faltou a concelleira de Educación Susana García Gómez. As Parábolas de Pakolas, concerto ofrecido polo cantante Paco Cerdeira e organizado pola ANPA do centro, pecha esta tarde o programa conmemorativo.