A S.D.C Ordes A proclamouse vencedor do Torneo Alevín Concello de Ordes, que tivo lugar onte nas instalacións deportivas de Vista Alegre. Unha vitoria que chegou tras un intenso partido contra o Imperátor e que finalizou cun 5-1 a favor dos locais. O terceiro posto compartírono o Portazgo e o Spórting Burgos. En total participaron 20 aliñacións cun total de preto de 300 rapaces. A entrega de trofeos correu a cargo da concelleira de Deportes, Ana Soneira.